Aeroporto de Norwich

Aeroporto de Norwich
Norwich Airport

IATA: NWI – ICAO: EGSH
Sumario
Tipo público
Propietario Regional & City Airports
Operador Norwich Airport Limited
Cidade/Illa Norwich
Elevación (msnm) 36 metros / 117 pés
Coordenadas Coordenadas: 52°40′33″N 1°16′58″L / 52.6758, 1.28278
Web https://www.norwichairport.co.uk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 asfalto/formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 533 663[1]

O aeroporto de Norwich (IATA: NWIOACI: EGSH) é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.[1]

Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.

O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.

  1. 1,0 1,1 Civil Aviation Authority (ed.). "Airport data 2017". Consultado o 9 de abril de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy